O Concello de Redondela, dende a Concellería de Ensino, que dirixe Ángela Antón, empezou a entregar os cheques para a compra de material e libros. Esta axuda é complementaria para as etapas de educación infantil (alumnos de 3,4 e 5 anos) para as familias censadas en Redondela.
O número de solicitudes admitidas este ano ascende a 113 ás que se lles concede un importe de 73,89€ a cada un polo que o concello destina un orzamento total para estas axudas 8.349,57 €.
O importe concedido neste cheque é canxeable nos distintos establecementos libreiros da vila que colaboran nesta convocatoria. Cada familia recolle o seu talón no departamento de ensino dende o que se lle chamou persoalmente.
“A educación do período comprendido entre os 3 ate os 5 anos, non é obligatoria, pero aquelas familias que deciden matricular ós séus fillos e fillas nesas idades, saben que dende o Concello de Redondela contan con esta axuda para sufragar si non todos, cando menos unha importante parte dos gastos do material escolar que estes han usar para o curso”, sinala a concelleira.
Trátase dunha medida que fomenta a escolarización temperá destes cativos, introducíndoos xa no sistema e os costumes do colexio, e tamén axudando a conciliar en moitos casos a vida laboral ou a problemática social e familiar coa crianza e atención dos meniños máis pequenos da casa.