24 alumnas e alumnos vigueses despegaron este martes dende Peinador con rumbo a Dublín e Manchester onde gozarán nas próximas semanas da súa estancia de inmersión lingüística. Son rapazas e rapaces que este ano comenza 4º da ESO nos centros de San Blas, San José de Cluny, Amor de Dios, Andersen, IES Carlos Casares, Nuestra Señora de la Esperanza e Santa Cristina.
Neste ano o Concello concedeu 617 bolsas de inglés nun programa no que inviste 1,5 millóns de euros para “mellorar a formación nesta lingua estranxeira do alumnado vigués”, sinalou o alcalde quen acudiu ao aeroporto sobre as 7 da mañá.
Segundo indican fontes municipais, en 2018, a cifra de beneficiarios ascenderá a 750 alumnos, aos que hai que sumar outros 100 da Escola oficial de Idiomas.
O Concello adxudicou 3.704 bolsas de inglés dende 2008, cun orzamento superior aos 8 millóns, unha cifra á que hai que sumar as 850 achegas de 2018 o que aproxima a 5.000 o número de beneficiarios deste programa desde o ano 2008.