O Grupo Popular no Parlamento de Galicia vén de presentar unha proposición non de lei na que solicita que na vindeira xuntanza do Goberno de Galicia e o Ministerio de Fomento, na comisión mixta da Autopista do Atlántico, se trate a eliminación da peaxe de Rande, en Redondela, nas mesmas condicións que se fixo no treito entre Vigo e O Morrazo.
O PP tamén pide a Fomento e a Audasa que se faga coincidir a apertura do novo carril da AP-9 ao seu paso polo Colexio da igrexa, en Redondela, co traslado dos alumnos ao novo colexio na Finca da Ginaria.