Comarcas

O Concello de Redondela inicia a licitación para levar o saneamento ao Colexio de Porto Cabeiro

Unha vez obtidas as autorizacións pertinentes, o Concello de Redondela iniciou o procedemento de licitación para contratar a obra de saneamento para a levantamento de dous colectores que irán dende o Colexio de Porto Cabeiro ata a estrada N-555.

A concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, lembra que o inicio do procedemento estaba condicionado á obtención da autorización do Ministerio de Fomento e a de Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA ) que recibiuse o pasado, aínda que estaba solicitada dende o mes de marzo.

A obra consistirá na instalación de 1.400 metros de tubaxes de saneamento en PVC en fochancas coa construción de 69 pozos de rexistro que garantirán o bo funcionamento da rede. O orzamento total dos traballos ascende a 135.000€.

“Trátase dunha obra de grande importancia xa que, non so se lle dará saneamento a mais dunha vintena de vivendas, tamén se lle dará este servizo ao Colexio que aínda non contaba con el”, sinala a concelleira.

También te puede interesar