A Xunta de Galicia desminte que haxa que pagar entrada para ver o ‘Pergamiño Vindel’, coma asegurou este venres o alcalde e acrara que ainda que “a norma é que as exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia custen 2 €, neste caso, non hai que facer ningún pagamento”.
A Delegación do Goberno de Galicia en Vigo sinala que “o que teñen que aboar os visitantes é a entrada que dá acceso ás instalación do Museo do Mar de Galicia e que é de 3 € (en réxime xeral) ou de 1,50€ (a tarifa reducida que se lle aplica a estudantes, xubilados, desempregados, grupos de más de 10 persoas e menores de 18 años)”, ademais, engade, todas as visitas de centros educativos galegos son gratuítas.
Así mesmo, subliña que o pagamento polo acceso ao Museo foi fixado por un acordo tomado polo Padroado do centro no que “cómpre recordalo, está representado o propio Concello de Vigo”.
Dende a Delegación da Xunta sublíñase que “se fora por Caballero, o Vindel nunca houbera vido a Vigo” polo cal piden ao alcalde que “deixe de desprestixiar e empece, por variar, a facer algo en positivo para a cidade”, ao tempo que se preguntan se “o concello non cobra, por exemplo, polo zoo?”