Representantes sindicais do persoal da Sanidade de Vigo ocupan dende preto da 1 da tarde o edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde (Sergas), na rúa García Barbón. Trátase, segundo comunica a CIG, dun “acto en reivindicación da recuperación de dereitos no sector”.
A central subliña que os traballadores manterán unha xuntanza con Recursos Humanos, polo que permanecerán aínda un tempo no interior do inmoble, en cuxa fachada despregaron unha faixa.