O escritor Juan Osés Navás presentará hoxe no Concello de Ponteareas (20 horas) o libro ‘Los hermanos Rodríguez Delio, tres décadas del mejor ciclismo nacional‘, no que se recolle a vida dos irmáns Rodríguez Barros, dede o comezo dunha dinastía que fixo que o ciclismo ponteareá brillara con luz propia, ata o fin da mesma, pasando polos triunfos deportivos, as anécdotas e o seu perfil humano.
No acto de presentación deste libro, editado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra, estarán presentes o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, o ex ciclista e director deportivo do Xacobeo Galicia, Alvaro Pino, a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro Domínguez, o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, amais do propio autor do libro, Juan Osés Navás.
O acto de presentación deste libro, aberto a todos aqueles veciños e veciñas que así o desexen, rematará coa entrega dun exemplar da publicación a todos os asistentes ao acto e a actuación dun cuarteto de corda.