_agenda Agenda

No Kurdistán as tartarugas tamén voan

Para conmemorar o día das mulleres anti-militaristas, a Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo estrea o Centro de Documentación Feminista (rúa Joaquín Yáñez, 6), na Biblioteca Pública Central, co videofórum ‘As tartarugas tamén voan’ (18 horas). A película, de Bahman Ghobadi, relata en 95 minutos a vida nun campo de refuxiados do Kurdistán iraquí, na fronteira entre Irán e Turquía, un lugar no que os seus habitantes sobreviven recollendo minas antipersonas que sembran no lugar e a onde chegan un rapaz mutilado, a súa irmá e un neno pequeno.

Os seus habitantes buscan desesperadamente unha antena parabólica co fin de poder estar informados do inminente ataque americano sobre Iraq. Un filme premiado coa Concha de Oro no festival de cine de San Sebastian e que non deixará indiferente  a ninguén.

You may also like