- O vindeiro sábado, día 25 de novembro, o Mago Marco Pombo e a contadora de historias, Raquel Queizás, estarán no Festival Solidario ‘Lumes Nunca Máis’, organizado pola Escola de Taboexa CIPC Taboexa, e a Asociación de Veciños e Amigos de Taboexa, en As Neves.
O acto empezará ás 5 da tarde na Escola de Taboexa e as entradas terán un custo de 5€ que se destinarán na súa totalidade a axudar as veciñas e veciños que sufriron os efectos dos lumes que arrasaron As Neves o pasado día 15 de outubro.
As persoas que non poidan asistir pero que queiran colaborar poden facelo mercando unha entrada para a ‘Fila Cero’, entrando en Woutick ou facendo un ingreso na conta da Oficina do Voluntariado de As Neves, IBAN: 2080 5434 0830 4011 4499.
Os organizadores sinalan que o aforo para o Festival Solidario ‘Lumes Nunca Máis’ é limitado e indican que calquera persoa que queira máis información pode chamar ao número de teléfono 618 849 998.