O goberno municipal de As Neves vén de informar da celebración dun Pleno extraordinario no cal se propuxeron tres modificacións orzamentarias para dotar partidas necesarias para facer fronte a gastos urxentes derivados dos incendios que afectan a servizos esencias.
A proposta, de case 150.000€, foi aprobada con votos a favor do BNG e PSOE e co voto en contra do PP.
No mesmo Pleno deuse conta da contratación de emerxencia por decreto de diversas reparacións en servizos como o alumeado no cal deben reporse farolas, cadros e alomenos 9.000 metros de cableado.
Amais as reparacións en saneamento, limpezas e adquisicións de contedores suman máis de 102.000€ e outras están sendo xestionadas a través dos seguros, o campo de fútbol, as piscinas, o colexio, varias escolas unitarias que sufriron danos de diversa consideración.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, explica que “os danos en bens públicos calculados e constatables neste momento superan os 500.000€ e que administracións como a Xunta o Estado e a Deputación adiantaron a súa intención de acordar ou negociar convenios para sufragar os gastos de reparación pero tamén deben colaborar a medio e longo prazo no oportunidade de renacer As Neves”.