O presidente do Goberno de Galicia e o novo secretario xeral dos socialistas de Galicia, Gonzalo Caballero, manterán a súa primera xuntanza este mércores, día 27, ás 11 da mañá, no despacho do presidente Feijóo en San Caetano.
Ata rematado o encontro non se saberá cales son os temas que tratarán o presidente da Xunta e o secretario xeral socialista, ainda que trascendeu que un deles será o da financiación autonómica.