Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA doutora Costa Rivas, da Área Sanitaria de Vigo, única oncóloga galega que superou as probas de máxima acreditación europea
A oncóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) Marinha Costa Rivas é a única facultativa desta especialidade en Galicia que superou o exame da ESMO, a máxima acreditación europea, na convocatoria de 2017.
As probas celebráronse en Madrid e coincidiron, como é habitual, coa reunión anual da Sociedade Europea de Oncoloxía Médica.
Residente de último ano no Álvaro Cunqueiro, logrará oficialmente a especialidade o próximo mes de maio. No servizo de Oncoloxía Médica hai outros dous facultativos que dispoñen da mencionada acreditación.
A ESMO é a certificación de máis alto nivel en oncoloxía que existe en Europa. En varios países da Unión é obrigatorio dispoñer desa acreditación para exercer a especialidade. Nas probas valórase, sobre todo, os coñecementos da propia especialidade e mesmo hai preguntas que se refiren a Hematoloxía.
A doutora Costa Rivas, que pretende dedicarse á rama clínica da especialidade despois de cinco anos como residente, considera que os avances en oncoloxía encamíñanse cara “a personalización dos tratamentos para cada paciente”.
“A constante aparición de novos fármacos e a maior posibilidade de detección e precisión do diagnóstico por parte dos facultativos fai posible que cada enfermo oncolóxico poida someterse a un tratamento cada vez máis específico, que non é igual para todos os pacientes, o que supón constantes melloras asistenciais”, explica a oncóloga do CHUVI.