É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO vicepresidente da Xunta da a razón ao director de Tráfico: as persoas atrapadas na AP-6 coñecían as malas condicións meteorolóxicas
O vicepresidente do Goberno de Galicia está dacordo co máximo responsable da Dirección Xeral de Tráfico para quen o feito de que milleiros de persoas-entre eles familias enteiras- quedasen atrapadas na AP-6 por mor da neve foi culpa delas.
Alfonso Rueda, logo de expresar a súa “solidariedade” e a do Goberno galego coas miles de persoas que quedaron atrapadas o pasado sábado na AP-6 nas provincias de Madrid e Segovia-entre elas ducias de galegos- subliñou que as malas condicións meteorolóxicas “anunciáronse e coñecíanse”.
En relación coas estradas galegas, o vicepresidente Rueda asegurou que a Xunta está tomando as medidas que debe “ante situacións meteorolóxicas como as que se anunciaron e coñecíanse”.