Permite regresar a la AP-9 o entrar en Vigo, si el aparcamiento está completo
Leer más
Alerta por nevadas “significativas”nas montañas de Lugo e Ourense
Galicia verase afectada ao longo deste martes por unha borrasca que deixará ventos fortes do suroeste e “nevadas significativas” nas zonas de montaña das provincias de Lugo e Ourense.
Meteogalicia adianta un aviso amarelo nas zonas de montaña de Ourense e Lugo, onde se prevén acumulacións superiores aos 5 centímetros de neve por riba dos 1.200 metros. Do mesmo xeito, na zona da Mariña e da montaña de Ourense hai aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora.
Para este mércores 10 de xaneiro, o aviso amarelo mantense durante toda a xornada nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, aínda que se ampliará desde as 12,00 horas a toda a zona sur da provincia ourensá por unha baixada da cota de 1.200 a 800 metros.
Tamén haberá alerta amarela por precipitacións nas provincias de Pontevedra e A Coruña -con acumulacións puntuais superiores aos 15 litros por metro cadrado nunha hora, entre as 9 da mañá ás 3 da tarde-.
MeteoGalicia informa de que a situación mellorará o xoves 11, aínda que se mantén o aviso amarelo por neve nas zonas de montaña de Ourense e Lugo, así como na zona sur da provincia ourensá.
Todas elas rexistrarán acumulacións superiores ao cinco centímeros por encima dos 800 metros ao principio, subindo a 1.000 metros a partir do medio día.