Galicia Sucesos

26 persoas mortas pola gripe en Galicia no que vai da tempada actual, 16 máis que hai unha semana

Un informe do Servizo Galego de Saúde (Sergas) sinala que o número de persoas mortas por mor da gripe en Galicia no que vai na tempada actual é xa de 26, o cal supón 16 máis que hai so unha semana.

Os datos de Sanidade apuntan a que estas 26 persoas mortas tiñan, todas elas, recomendada a vacina ao tratarse de persoas de idade avanzada ou ben por presentar factores de risco. En total, 13 delas non a puxeran.

No que vai dende o comezo da tempada desta enfermidade, ingresaron nos hospitais galegos por gripe un total de 844 persoas, o 90% delas tiña indicada a vacina e o 54% delas non a puxeran.

Te podría interesar