O Goberno de Galicia fará unha proposta “viable” ao Ministerio de Fomento para a eliminación da peaxe da AP-9 entre Vigo e Redondela. Será o vindeiro martes, segundo adelantou a conselleira de Infrastruturas, na xuntanza da Comisión mixta para a xestión da Autoestrada.
Ethel Vázquez, sinalou en declaración á Televisión de Galicia, que o Goberno galego quere conquerir esta eliminación e que traballa, dende hai moito tempo para elo, polo cal leva unha alternativa que pode ser tida en conta polo Goberno do Estado.