O vindeiro sábado, día 27, a Asociación Sociocultural As da Industria, preséntase oficialmente, cunha festa programada no Parque García Picher –fronte ao Toys’r Us-, na que haberá xogos populares e animación infantil, maxia, sesión vermú ou un xantar popular, entre outras actividades.
A asociación empeza a traballar cos obxectivos de promover e divulgar a Cultura Galega en calquera das súas expresións, e de revitalizar o barrio por medio de encontros cos seus veciños e o estudo e proteción do seu patrimonio material e inmaterial.
Para levar adiante estes fins, a asociación quere poner en marcha proxectos como a celebración de concertos, festas, proxeccións, representacións e calquera outra actividade de expresión artística; charlas, obradoiros, roteiros, exposicións, mostras e outras actividades de difusión cultural e de promoción do coñecemento en xeral, e do relativo á historia e presente do barrio en particular.