Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@depo_es aproba destinar 1,7 millóns a dez concellos da provincia para contratar a 200 persoas
O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a segunda relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”.
Como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Barro, Caldas, Cambados, A Guarda, A Illa de Arousa, Rodeiro e Tomiño son as vilas que van recibir máis de 1,7 millóns de euros para a contratación de 200 persoas ao abeiro da liña 3 do “Plan Concellos 2018”.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017. Coas achegas aprobadas en Xunta de Goberno para os concellos de Poio, Ponteareas, Pontecesures, Barro, Caldas, Cambados, A Guarda, A Illa de Arousa, Rodeiro e Tomiño, “está distribuída xa o 31,4% da liña 3, é dicir, preto de 3 millóns de euros que están a beneficiar xa a 19 vilas da provincia”, subliñou Carmela Silva.