O Goberno local de Compostela agarda que o ano que ven poida cobrar un ‘gravame’ a excursionistas que pasen na capital galega menos dun día.
Está é, sinalou este mesmo luns a concelleira de Turismo, unha das propostas que abrangue o ‘Plan Estratéxico de Turismo’ que Concello quere aprobar para facer da cidade un “destino sustentable”. Deste xeito a proposta é que os excursionistas que pasan menos de 24 horas en Santiago contribúan “con pequenos custos”.
A concelleira sinalou que estas iniciativas son “ferramentas tributarias para mellorar a calidade do turismo” e adiantou que se a Xunta non quere apoiar esta taxa, será o Concello quen traballe nela.