Os traballadores da administración xudicial de Galicia, que teñen paralizados os xulgados dende hai unha semana coa folga indefinida iniciada o mércores pasado, veñen de convocar manifestacións para este xoves, día 15, en todas as cidades galegas.
Segundo informan as centrais sindicais, as manifestacións serán na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol e empezarán ao mediodía.