O anuncio por parte da Xunta de Galicia da supresión do servizo de autobús entre as cidades de Vigo e Lugo supón a demostración de que o goberno do PP preteden desmantelar o transporte público no país utilizando “unha opacidade absoluta” e “facendo recortes aos poucos” para deixar á cidadanía sen servizos.
Isto é o que ven de denunciar En Marea que subliña que no caso da supresión desta liña entre Vigo e Lugo, Sánchez sinala unha situación anómala na que a “empresa renuncia a liña, a Xunta sácaa a poxa e a mesma empresa, Mombús, volve gañala”.
Engade En Marea, “entre a renuncia e a nova adxudicación, a Xunta recortou servizos para a cidadanía, axeitando a poxa as necesidades da empresa”. O vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea, Antón ánchez, explica que Mombús “aparece agora como empresa magnánima ao conservar este servizo en dous día da semana”.