O Concello de As Neves contratará, no marco do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a 14 persoas que desenrolarán diferentes traballos na vila, en especial os de conservación e mantemento de bens públicos municipais.
As persoas candidatas deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.
O Concello solicitará as persoas traballadoras mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas.
Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o Concello. Este será quen realice a selección definitiva das persoas candidatas.
Os postos de traballos son:
1 peón para o punto Limpo, 1 auxiliar de axuda a domicilio, 2 limpadoras/es de edificios e e locais; 1 peón varredor/a que traballarán dende o día da contratación ata o día 31 de decembro de 2018 a xornada completa; 2 peóns de construcción e 4 peóns forestais que traballarán dende 1 de abril ao 31 de decembro de 2018; 1 Auxiliar Administrativo/a e 2 fontaneiras/os que traballarán dende 1 de maio ao 31 de outubro de 2018.
Os requisitos puntacións e valoracións completas para o acceso aos postos pódense consultar entre outros na páxina web do Concello www.asneves.gal.