'Qué te cuentas?'

As máquinas da Deputación teñen que retirar a neve de 15 vías provinciais nos concellos de Rodeiro, Dozón, A Golada e Lalín

Imagen:N.F/O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai cambiar a alerta por frío, activada a primeiros desta semana para as brigadas de mantemento de estradas, por unha nova alerta por chuvia: nas vindeiras xornadas as temperaturas suavizaranse e chegarán borrascas de forma sucesiva.

Segundo explica o deputado Uxío Benítez, este mércores estivo marcado por unha intensa actividade das equipas de traballo sobre todo a primeira hora na comarca do Deza, onde se rexistrou unha copiosa caída de neve que obrigou a mobilizar a maquinaria necesaria: o camión coa coitela quitaneve e os esparexedores de sal.

Foi necesaria a actuación das brigadas en alomenos 15 estradas dos concellos de Rodeiro, Donzón, A Golada e Lalín ata aproximadamente ás 10 e media da mañá, cando comezou a chover e a desfacerse a neve que tiña callado.

A xornada foi bastante tranquila na zona Sur e centro da provincia, incluso no interior, debido aos tratamentos preventivos e ao reparto de sal realizado nas vías máis conflitivas. A chegada da chuvia tamén facilitou a disolución das capas de neve e do xeo existente nalgunhas estradas.

O responsable da coordinación das brigadas provinciais tamén subliñou que de cara a vindeiros días manterase a alerta, neste caso por chuvia, debido á previsión de  importantes cantidades de auga por metro cúbico o que, explicou, “ás veces resulta máis laborioso e complexo para o correcto mantemento da vía e a seguranza viaria debido aos arrastres e aos atranques de taxeas que crean bolsas de auga nas calzadas”.

También te puede interesar