Chega o final de maio e Ponteareas comeza a recoller as flores que logo recubrirán o chan da vila. E coa lectura do pregón o vindeiro domingo 30 a cargo do ex alcalde José Castro Álvarez dará comezo de xeito oficial a Festa do Corpus Christi 2010, un xeito de recoñecer o seu traballo a prol destas festas ao longo dos anos “tanto dentro como fóra das nosas fronteiras e que contribuiu en gran maneira a que hoxe esta festa tan senlleira teña a soa internacional da que goza”.
Moito fútbol
Ademáis, Ponteareas celebra os vindeiros 12, 13 e 19 de xuño a decimosexta edición do Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base, que se disputará no Campo Municipal de Pardellas e no que participarán equipos chegados de toda Galicia e do norte de Portugal. Serán máis de 1.300 rapaces distribuídos en seis categorías (Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete) os que participarán nunha competición plenamente consolidada e que xa é todo un referente no eido do fútbol base.
Os equipos participantes neste XVI Trofeo Vila do Corpus de Fútbol Base, son .Balaídos, A e B, Teis, Verdugo, Portero 2000, Ourense, Ponte Ourense, Ringe, Oboladas, Sárdoma, Fundación Celta, Sp. Celanova, Cerveira A e B e os diferentes grupos da escola de fútbol de Ponteareas.