O goberno da Deputación, presidido por Carmela Silva, vén de aprobar, a través de resolución presidencial, a primeira axuda ao Concello de Arbo ao abeiro da liña 1 de investimentos do “Plan Concellos 2018”
Con este investimento de 31.508,15€, segundo sinala o organismo provincial, “Arbo poderá mellorar o entorno da estrada que une Rocha con Cabeiras”. Anteriormente, o Concello de Arbo xa recibira 94.336,32€, ao través da Liña 3 de emprego do Plan Concellos, para a contratación de 16 persoas que traballarán nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma destas tres achegas, Arbo ten adxudicado o 17% do total que ten a súa disposición co “Plan Concellos 2018” da Deputación de Pontevedra, isto é 734.619,17 €, un 73,44% máis que no 2017.