O Concello ven de poner en marcha o ‘Programa de inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero’ ao aveiro do cal convócanse 5 prazas de auxiliares de administración xeral e 8 de ordenanzas por un período de 1 ano.
As solicitantes deberán ser víctimas de violencia de xénero e ter sido usuarias do Centro Municipal de Información á Muller de Vigo; estar empadroadas e ter residencia efectiva no na cidade con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016; ser demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia en Vigo, admitíndose a situación en mellora de emprego.
Prazo, forma e lugar de presentación das solicitudes
O prazo máximo de presentación de solicitudes é de dez días a contar dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na web do Concello de Vigo –www.vigo.org-.
As solicitudes a cumprimentar polas interesadas están a súa disposición na páxina web www.vigo.org e na oficina de Información do Concello.
As solicitudes poden achegarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou a través da sede electrónica https://sede.vigo.org/expedientes/sede/?lang=ga.
As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos teléfonos 986 810 232 ou no 010; remitindo un correo ao enderezo electrónico [email protected], ou no propio Concello, na Unidade de Desenvolvemento Local, 4º andar, ou no Centro Municipal de Emprego, na rúa Oporto, 1.