2.000 empregos-entre directos e indirectos- cando estea rematada no ano 2020, e 900 mentres se constrúe. Este é un dos eidos salientados este martes na presentación da obra, polo alcalde e o director xeral da empresa que realizará a obra, Immochan.
É o novo Centro Vialia de Urzaiz, que, como sinalou Abel Caballero, fará realidade o deseño da estación do AVE pensada polo arquitecto Thom Mayne. “Quero dicir á cidade que estamos iniciando a obra máis importante da modernidade de Vigo desde O Berbés, a Praza da Constitución, o Ensanche, Policarpo Sanz, García Barbón”, asegurou o alcalde.
Pola súa banda, Manuel Teba indicou que “queremos establecer relación con asociacións de comercio e cultura, queremos ser un actor activo na cidade, como exemplo haberá unha gran praza pública cuberta de 23.000 metros cadrados no acceso principal”.
O investimento da empresa será de 84 millóns, a obra comezaría a inicios do vindeiro verán e ten un prazo de execución duns 24 meses.