Segundo os datos difundidos este mércores polo Banco de España, a débeda de Galicia era, en decembro do no pasado de 11.210 millóns de euros , o que representa o 18,4% do noso Produto Interior Bruto (PIB).
Galicia é a sétima comunidade máis endebedada, por detrás de Cataluña (con 77.740 millóns), Valencia (46.187 millóns), Andalucía (34.260 millóns), Madrid (32.783 millóns), Castela-A Mancha (14.340 millóns) e Castela e León (11.870 millóns), segundo os devanditos datos.
Tendo en conta os mesmos, en 2009, cando Alberto Núñez Feijóo chegou á Presidencia da Xunta, a débeda pública de Galicia era de 4.859 millóns de euros, o 8,6% do PIB: agora é preto dun 131% máis alta e multiplica máis que por dous a porcentaxe do Produto Interior Bruto, un 18,4% fronte a un 8,6%.