Comarcas

@depo_es destina 553.000€ do ‘Plan Concellos’ a Baiona, Bueu e O Grove para a contratación de 86 persoas

O Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a décima relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que van recibir 553.560,89€ para a contratación de 86 persoas.

A Deputación destinará ao Concello de Baiona a Deputación 208.237,36€ para a contratación de 38 traballadores relacionados coa limpeza, a xardinería, a construción, a canteiría, a condución e o turismo.

A Bueu, a Deputación de Pontevedra achega 164.831,78€ para contratar 27 traballadores que realizarán tarefas relacionadas coa xardinería, administración, animación, carpintería, traballo forestais e limpeza.

Por último, a Deputación de Pontevedra destinará ao Grove 180.401,75€ para contratar 21 traballadores para obras públicas, carpintería, traballos forestais, xardinería, administración, condución e turismo.

Con estas achegas aos concellos de Baiona, Bueu e O Grove, xa está concedido o 86% da liña 3, beneficiando a 53 concellos da provincia e empregando a preto de 971  persoas.

También te puede interesar