En Marea vén de anunciar que respalda o paro que o estudantado galego ten convocado para o xoves, 19 de abril. A formación entende que “as reivindicacións propostas para conseguir un ensino superior laico, feminista e para todas e todos son básicas e deben ser tidas en conta; e chama á participación da comunidade universitaria nas mobilizacións”.
Tamén secunda En Marea as petición do estudantado en relación ao incremento das bolsas. A formación ve básico incrementar a súa contía; pero amén adaptar o protocolo de concesión á realidade da propiedade en Galicia, “de éxito que cousas como ter un alpendre ou unha leira non afecten á posibilidades de ter unha bolsa”, tal e como explica a deputada Luca Chao.
En Marea tamén pon enriva da mesa a necesidade de habilitar bonos transporte. Actualmente “non se ten en conta o custo enorme que ten para os estudantes universitarios moverse dun sitio a outro de Galicia”. Por iso a formación aposta por seguir un modelo de prezos reducidos que xa existe noutras partes do Estado, como Euskadi.