Comarcas

@AGuarda_es ofrece catro prazas de práctica laboral, por un período dun ano cunha remuneración de 840€ ao mes

A Deputación de Pontevedra ven de publicar unha convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a Deputación e os Concellos da provincia, destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación.

Dentro desta convocatoria, o Concello da Guarda ofrece catro prazas para persoas con titulación universitaria en Enxeñería de Edificación ou Arquitectura Técnica (1); Ciencias da Actividade Física e do Deporte (1); Ciencias Políticas e da Administración (1) e Historia ou Xeografía e Historia (1).

A finalidade das bolsas é promover e completar a formación das persoas beneficiarias nas áreas de coñecemento ou actividades propias da súa titulación, facilitando a súa futura incorporación ao mercado laboral.

Condicións xerais

Estas prácticas laborais terán unha duración máxima de 12 meses (6 meses prorrogables por outros 6) e unha dotación económica de 840€ mensuais. As persoas interesadas en participar no proceso de selección deberán formalizar a súas solicitudes antes do 7 de maio. O proceso de selección incluirá a valoración dos méritos das persoas solicitantes e a realización dunha proba tipo test, con data aínda por determinar.

También te puede interesar