Asociación Veciñal de Teis, vén de demandar, “unha vez máis”, un plan para o asfaltado dos camiños e rúas de Teis, debido ao “mal estado que presenta un número importante de vías”.
Segundo sinala esta asociación, o concelleiro de Fomento anunciou en rolda de prensa un ” ambicioso” plan de humaninzacións e asfaltados para acometer até 2019, “pero non figura ningunha referencia detallada para Teis”.
“Desde a Asociación, consideramos escadanloso o mal estado estacionamento da 1º Travesía de Foxos e da avenida de Dona Fermina”, engaden os responsableis veciñais, engadindo que na avenida de Don Fermina, o Concello anunciou o 7 de xaneiro de 2015 o seu asfaltado. “Levamos agardando polo asfaltado desta via desde fai máis de tres anos. Chama atención que este anuncio xa foi realizado en varias comparecencias públicas do alcalde e do concelleiro de Fomento nestes anos incluído en setembro de 2017 que logo non se executa”.
Así memo, sinalan dende a asociación vecinal, o estacionamento público da 1º Travesía de Foxos , “presenta un número importante de fochancas de gran tamaño, situación que xa foi denunciada en varias ocasións desde xullo de 2016. Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía”.
Por último, a asociación, demanda tamén o o asfaltado da rúa Julian Estevez, Avenida de Guixar, rúa Gerardo Campos Ramos, Purificación Saavedra, Santa Tegra, o treito final de Doutor Corbal e Baixada a Igrexa.