O número de fogares de Galicia no que todos os seus membros están sen traballo aumentou en 2.800 no primeiro trimestre deste ano-un 4,2%- chegando aos 68.900, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) coñecida este xoves.
Doutra banda, o número de familias na que todos os seus integrantes están traballando diminuíu en 3.700, de xeito que hai 579.800 familias en Galicia nas que todos os seus membros están ocupados.