Comarcas Vigo al minuto

@ponteareas_gal ‘move’ a festas do Corpus por Vigo

As festas do Corpus de Ponteareas locen dende onte en Vigo logo da iniciativa do Goberno local de Ponteareas que puxo en marcha a campaña de promoción do Corpus, dentro da estratexia de difundir estas festas nas cidades e grandes núcleos de poboación como a realizada en Braga o pasado mes.

A concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, e o alcalde  Xosé Represas subíronse este mércores  ao autobús urbano que “portará durante todo o mes de maio a imaxe promocional das nosas alfombras”.

A imaxe do cartaz deste ano circula por Vigo chegando a todo tipo de público, dende maiores a cativos e cativas xa que a programación cultural do Corpus ofrece actividades para toda a familia.

A liña 15C que percorre dende o Campus Universitario , o Calvario, a rúa Jenaro de La Fuente, rúa Pontevedra e Paseo da Alfonso para pasar pola Gran Vía ata chegar a Samil e unha das liñas de máis longo percorrido facendo que a promoción do Corpus de Ponteareas acade unha maior difusión.

Dentro desta estratexia tamén se realizará unha exposición ao aire libre das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas recollendo a suxerencia aportada pola Asociación de Alfombristas. En colaboración con eles o vindeiro 19 maio en Príncipe diante do Museo Marco exporánse arredor de trinta fotografías.

Co obxectivo de colocar o nome de Ponteareas e o nome das tradicionais alfombras florais na axenda de todos os e as vigueses e veciños e veciñas da área metropolitana que por motivos laborais, sanitarios ou persoais se achegan á cidade, por vez primeira un autobús urbano apoiará as distintas accións de marketing que o goberno de Ponteareas deseñou para esta edición.

“Coincidindo coa tramitación da declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial dende o goberno apoiaremos a arte de tantos e tantas veciñas que estes días dedican todos os seus esforzos en prolongar esta tradición herdada dos seus antepasados”, sinalou o alcalde de Ponteareas.

Te podría interesar