Os ‘Coidadores de Barrio’ fixeron 1.070 intervencións e atenderon a 154 persoas desde que regresaron ao traballo o pasado 12 de marzo.
“Estamos ante un gran acción de ámbito social que conta co financiamento ao 100% polo Concello”, sinalou este mércores o alcalde quen lembrou que este servizo conta cun investimento de 1,08 millóns de euros para atender durante os dous vindeiros anos aos barrios de Calvario, Casco Vello, Teis, Travesas, Coia e Bouzas.
Os Coidades de Barrio atenden aos veciños de 9 da mañá a 2 da tarde e de 3 a 8, ofrecendo servizos coma acompañamentos ao médico, seguimentos, visitas, saídas á rúa, axudas a familias con nenos para facer a compra, información ou ir á farmacia.
Segundo os datos aportados polo alcalde, os traballadores atenderon a persoas de todas as idades, pero a maioría ten entre 70 e 100 anos, cun total de 120 usuarios. En calquera caso tamén foron atendidos 10 menores de 15 anos e 24 persoas de entre 20 e 70 anos.