Comarcas

En marcha as obras do novo Colexio Igrexa, en Chapela, que ocupará a coñecida ‘Finca da Ginaria’

O alcalde de Redondela, Javier Bas, a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María del Carmen Amoedo, xunto cos concelleiros de Medio Ambiente, Miguel Álvarez e Vías e Obras, María José Barciela, acompañaron a representantes da ANPA do Colexio Igrexa e membros da Asociación de Afectados pola AP-9, ao inicio da obras da primeira fase de construción dos accesos do novo centro, que estará na finca da Ginaria, en Chapela.

O arquitecto encargado dos traballos sinalou que os mesmos poderían estar rematados nuns cinco meses e que os mesmos se realizarán nunha finca de preto de 35.000 metros cadrados, cedidos por AUDASA, cumprindo o compromiso ao que chegara co Goberno municipal de Redondela de trasladar ao colexio, afectado pola ampliación da autoestrada, a un novo lugar.

O orzamento total para a primeira fase das obras é de 543.000€, unha cantidade á que haberá que engadir 475.000€ mais, correspondente a segunda parte das mesmas na que, como recolle o acordo, haberá que afrontar varias expropiacións na zona.

O alcalde lembrou que o Concello de Redondela será o encargado de abrir un aparcamento para os autobuses que dan servizo de transporte ao centro, ademais de novas beirarrúas para as veciñas e veciños desta zona.

También te puede interesar