Galicia

Galicia pecha a primaveira máis chuviosa en case 60 anos

Estamos en alerta por lluvia y viento

Galicia vén de despedir unha primavera moi chuviosa na que se rexistraron un 78% máis de precipitacións do habitual para esta época do ano. As chuvias dos últimos tres meses e en especial, as que se recolleron no mes de marzo, converteron a estación na máis chuviosa que se viviu na comunidade desde o ano 1961.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira, fixo un avance este xoves do informe de MeteoGalicia sobre a pasada primavera, no que se atribúe esta situación ás chuvias de abril e especialmente ás de marzo, un mes no que choveu máis do triplo do habitual segundo os datos da serie histórica, concretamente un 262% máis.

A variabilidade tamén estivo moi presente durante a estación, sobre todo durante maio e abril, durante os que se alternaron períodos moi fríos e húmidos con outros cálidos e secos.

Polo que respecta ás temperaturas, os termómetros mantivéronse en niveis medios próximos á normalidade aínda que as máximas se situaron por debaixo da media histórica. O máis rechamante neste sentido foron os valores de marzo, un mes con temperaturas 2,3 graos máis baixas do habitual que o converteron no máis frío dos últimos 34 anos.

En resumo, Galicia vén de pechar unha primavera moi húmida, marcada pola alta variabilidade dos meses de abril e maio e con temperaturas medias sen grandes anomalías aínda que con máximas máis baixas do que cabería esperar.

Previsión para San Xoán

Polo que respecta á previsión de cara á fin de semana, María Cruz Ferreira avanzou que todo apunta a un San Xoán marcado polas altas temperaturas, a sensación de bochorno e a posibilidade de tormentas, sobre todo no interior de Galicia. Así, o verán arrincará la comunidade cun tempo soleado e tipicamente estival, marcado por dúas variables: a calor e os posibles episodios tormentosos.

También te puede interesar