Destacados Vigo al minuto

@MereaVigo presentará unha moción no Pleno do Concello para que Audasa pague todo o IBI da AP-9

Marea de Vigo asegura que a AP-9 é a única vía que non paga o 95% do IBI “grazas ás bonificacións previstas nunha lei aprobada en 1972, en pleno franquismo, en materia de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión”.

Trala última prórroga feita na época do goberno de Aznar, a concesión estendíase ata o máximo permitido, 75 anos, “consagrando deste xeito o que hoxe é unha realidade: a día de hoxe segue a gozar do mesmo nivel de redución no pago do IBI que a lexislación franquista lle estableceu no seu día”.

Por outra banda, e segundo se reflicte na moción que Marea de Vigo presentará ao Pleno do Concello, «un de cada dous euros que as galegas e os galegos pagamos nas peaxes desta autoestrada é beneficio antes de impostos, e un de cada tres euros é beneficio neto para a empresa concesionaria.»

Marea de Vigo considera esta situación insostible, e, na mesma liña, non comparte o criterio anunciado polo novo Ministerio de Fomento en canto á liberalización das peaxes soamente ás autoestradas cuxa concesión remata entre este ano e 2021, senón que “considera que deben ser incluídas outras como a AP-9, cuxas inversións están absolutamente amortizadas, aínda que a súa concesión remate despois do 2021 e considera que o anuncio do Ministerio sobre auditar os custes e as licitacións das autoestradas rescatadas polo Estado, debería aplicarse tamén á AP-9”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.