Ciencia y Tecnología Galicia

Máis de 5.400 persoas están habilitadas e inscritas para traballar coma socorristas nas praias de Galicia

O Concello de Vigo oferta 25 prazas no curso de capacitación de socorrista

5.404 persoas están inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, o que os habilita para poder traballar nas praias este verán, e acada un 11,8 por cento mais de profesionais  habilitados que o ano pasado.

Aínda que as competencias para contratar socorristas correspóndelle a cada concello, o Goberno de Galicia, “co obxectivo de garantir a seguridade e a prestación dun servizo de calidade”, no ano 2012 regulou a formación mínima que deben ter os socorristas acuáticos a través dun decreto no que tamén se creaba o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos.

Cabe lembrar que o decreto foi aprobado coas achegas dos principais axentes implicados: Fegamp, tres universidades galegas, Cruz Vermella e Federación de socorrismo de Galicia e sometido a  exposición pública para ter en conta as achegas da cidadanía.

Te podría interesar