O escritor lucense Xabier P. Docampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995, morreu a pasada madrugada aos 72 anos de idade, na súa casa de Cambre.
Xabier P. Docampo (Rábado, 1946)foi ademáis de escritor, actor de teatro e guionista e e o seu talento viuse recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por ‘Cando petan na porta pola noite’, libro de contos sobre o tema do medo.
En 1986 publicara ‘O misterio das Badaladas’, o seu primeiro libro, e ese mesmo ano tamén viusaira do prelo ‘Cun ollo aberto e outro sen pechar’, obra de relatos breves para nenos.
‘Bolboretas’, ‘A chave das noces’, ‘Catro cartas’ ou ‘A casa da luz’, foron outras das súas obras. A súa última novela foi ‘A meniña do abrigo de astracán’.