Galicia foi o destino, durante o primeiro trimestre deste ano, de 2,2 millóns de viaxes, o que fai da nosa comunidade a sétima máis visitada polos viaxeiros españois, dacordo cos datos da ‘Enquisa de Turismo de Residentes’, difundida este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Dacordo con este estudo, as persoas que viñeron a Galicia gastaron unha media de 49€ ao día, fronte aos 77 euros de media de Canarias e Madrid ou 74 de Baleares.