A Comisión Europea vén de aprobar unha axuda de 3,2 millóns de euros para afrontar os danos causados polo lume que arrasou preto de 50.000 hectáreas matou a 4 persoas en Galicia o pasado mes de outubro.
Segundo informa a UE, parte desta cantidade será para o cobrir o custo dos servizos de urxencia, aloxamento provisional ou operacións de limpeza realizadas polas diferentes administracións nos lugares dos incendios.