Xabier Pérez Igrexas, de 34 anos de idade, foi electo pola militancia do BNG de Vigo para encabezar a candidatura nacionalista ás eleccións municipais de 2019. Igrexas resultou electo nun proceso interno de debate e posta en común dos retos que o BNG se marca nun novo tempo en Vigo, marcado por unha grande participación e nun clima interno de cohesión.
Igrexas, quen agradeceu en primeiro lugar a confianza da militancia nacionalista nel depositada, afirmou que o obxectivo do BNG en Vigo é recuperar unha presenza determinante no concello de Vigo porque “o BNG sempre fixo avanzar o noso concello con coherencia, con políticas nacionalistas e de esquerdas e sempre ao servizo da veciñanza “, afirmou.