A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, convoca para este vindeiro xoves, día 27 de setembro ás 8 da tarde, diante do MARCO, unha concentración para denunciar “os comportamentos violentos que se están levando a cabo coas mulleres e as súas crianzas”.
Dende a Rede de Mulleres lémbrase que no que vai deste ano, 67 mulleres e 10 menores foron asesinados no Estado polas súas parellas /país.