Segundo datos facilitados pola Consellería de Sanidade. O pasado ano na Unidade viguesa realizáronse 586 operacións e 7.500 consultas médicas. Ademais,nesta Unidade realízanse anualmente máis de 10.100 mamografías, 6.900 ecografías e 1.000 biopsias guiadas por imaxe.
A maioría das pacientes atendidas son derivadas desde a Atención Primaria, aínda que tamén dos especialistas do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e do Progama Galego de Detección Précoz do Cáncer de Mama.
A Área Sanitaria de Vigo conta cunha “vía rápida” para casos de sospeita de carcinoma de mama: isto é, un circuíto asistencial que garante que calquera paciente con sospeita dunha lesión mamaria sexa atendida nesta unidade en menos dunha semana.
Consulta Asesoramento de Risco Familiar
Segundo afirman os especialistas, a prevención e o diagnóstico précoz son fundamentais na loita contra esta enfermidade. Neste senso, ademais dos programas preventivos de cribado poboacional -nos que se realizan mamografías a todas as mulleres entre 50 e 69 anos – tamén “é importante a estratificación das pacientes por nivel de risco”.
Un dos fitos máis significativos neste eido foi a creación -hai 6 anos- da Consulta de Asesoramento de Risco en Cáncer de Mama na Unidade de Patoloxía de Mama do Meixoeiro. Nesta consulta especifica se atende ás pacientes que por franxa de idade non son subsidiarias dun cribado poboacional, pero que, por antecedentes persoais ou familiares, precisan dun seguimento diferente. Esta consulta leva atendidas a 3.800 pacientes .
As vantaxes desta Consulta especifica de Asesoramento de Risco Familiar son evidentes: aquelas pacientes que cumpren criterios de risco familiar ou persoal benefícianse dun cribado personalizado; se establecen con elas as medidas de prevención secundaria pertinentes (Mamografía, Tomosíntesis, Ecografía e Resonancia Magnética); e ademais, nalgúns casos, realízase prevención primaria, como son as cirurxías redutoras de risco de cáncer de mama e de ovario, que ás veces, se está indicado, efectúanse ambas no mesmo acto cirúrxico .
Día Mundial do Cancro de Mama
Profesionais sanitarios da Área de Vigo de diversas disciplinas relacionadas co cancro de mama oncólogos, cirurxiáns, patólogos, radiólogos, e enfermeiras- xunto con representantes da dirección e da Asociación de pacientes ADICAM, quixeron conmemorar este venres o Día Mundial do Cancro de Mama posando xuntos ante a escultura “O Titán” -iluminada de cor rosa- para escenificar a súa adhesión a este día e o seu compromiso conxunto con esta enfermidade.
Ademais, o persoal de enfermaría do Hospital de Día de Oncoloxía organizou un obradoiro estético dirixido ás pacientes, para amosarlles os distintos xeitos de colocarse os panos na cabeza naquelas que elixen este complemento para minimizar o impacto que produce a caída do pelo tras algúns tratamentos, e axudarlles a responder dubidas ao respecto. Trátase do primeiro obradoiro, e ante a alta demanda de solicitudes recibidas polas pacientes para participar, decidiuse darlle continuidade e realizalo unha vez ao mes.