O ‘Programa Úlceras Fóra’ do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) recibirá a insignia de ouro 2018 do Grupo nacional para o estudo e asesoramiento en úlceras por presión e feridas crónicas (GNEAUPP), a máxima distinción que outorga esta sociedade.
Máis de 130 profesionais de diferentes especialidades do Sergas forman o ‘Programa Úlceras Fóra’ que enmarca todas as actuacións relacionadas coa abordaxe das úlceras e feridas, co obxectivo de acadar unha maior calidade de vida dos pacientes con esta patoloxía e dos seus coidadores.
Mediante este programa, o Sergas tenta diminuír a incidencia das úlceras por presión por baixo dos estándares marcados; identificar e cuantificar aos pacientes con risco para previlo e, ademáis, establecer coidados preventivos individualizados. Así mesmo, o programa establece criterios asistencias comúns no establecemento de medidas preventivas e terapias, utilización de produtos, ou no seguimento e rexistro de pacientes.