Os compañeiros da Radio Televisión de Galicia levan a cabo este mércores a unha folga de 24 horas para denunciar a “manipulación” deste medio de información público, denuncia que dende as 10 da mañá estará á porta do Parlamento de Galicia, en Compostela, punto de inicio dunha manifestación que percorrerá as rúas da capital.
Este paro segue aos de 2 horas, realizados durante semanas, e aos ‘venres negros’, que cumpren máis de 30 semanas e nos que os profesionais da RTVG amosan vestidos con prendas escuras e o lema ‘Defende a Galega’ a necesidade de que este medio informe da realidade e non sexa un instrumento en mans dun partido político.
As mobilizacións das traballadoras e traballadores da Radio Televisión de Galicia continuarán cun paro durante a mañá do vindeiro sábado, día 22, o cal afectará á retransmisión do sorteo de Lotería de Nadal.