“É a primeira vez que un presidente do Goberno recibe na súa ronda de contactos cos presidentes autonómicos ao presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP)”, así o sinalou este xoves Abel Caballero tras reunirse con Pedro Sánchez no Palacio da Moncloa.
Reunido con Abel Caballero, presidente de la @fempcomunica. Nuestro compromiso con el municipalismo es claro: los gobiernos locales deben contar con competencias y financiación suficientes. Sus políticas son un pilar imprescindible para garantizar el bienestar de la ciudadanía. pic.twitter.com/qdzJqidtjl
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) December 20, 2018
Para o alcalde o presidente Sánchez recoñece aos gobiernos locais o status de Estado, “porque somos Estado”, e amosa o seu compromiso municipalista que “si está apostando polos municipios e as Deputacións”. “A reunión de hoxe senta un precedente e marca unha nova senda na relación porque, por primeira vez hai un Goberno con vocación municipalista que entende a demanda de 47 millóns de cidadáns gobernados por concellos”, asegurou.
Caballero, que levou entregou a Pedro Sánchez un libro sobre as Illas Cíes, sinalou que o presidente viu con bos ollos a proposta formulada pola FEMP destinada á modificación do teito de gasto, na que se considere o presuposto inicial e non o orzamento liquidado, “un sistema irracional”, subliñou, “que prima o gasto en lugar do aforro”.
En materia de superávit, Abel Caballero anticipou que “este ano, os Gobernos Locais volveremos ter o 0,5% do PIB de superávit, e queremos que sexa empregado nas nosas cidades”. Á proposta, o presidente do Goberno apuntou que este extremo queda garantido nos Presupostos. E que tamén se avanzará na utilización dese superávit en cuestións como construír escolas infantís, bibliotecas, vivendas sociais, puntos de recarga para vehículos eléctricos, etc. “A cidadanía quere política social desde os concellos e debemos facelo” engadiu o alcalde.
Por último, Caballero lembrou que os Gobernos Locais contan con 25.000 millóns de remanentes líquidos de tesourería que agora están nos bancos e “que queremos utilizar nas nosas cidades. Pedímoslle ao Gobierno que nos permita usar o 20% dese diñeiro, veno factible e estudarase”.