O número de persoas anotadas nas oficinas de emprego de Galicia baixou en 15.718 durante o ano pasado, o que supón unha redución do 8,5%, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
O mes pasado, 1.074 galegas e galegos deixaron de estar anotadas coma demandantes de emprego, o que supuxo un 0,63% menos que no mes anterior deixando o total de desempregados en Galicia en 169.295 persoas.