O número de fogares galegos que chega con moita dificultade a fin de mes pasou, no cuarto trimestre do ano pasado, do 8,56% ao 5,87%, segundo a última Enquisa Conxuntural da Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE).
A peche de 2018, o número de fogares de Galicia que chegaba con dificultade a final de mes era o 40,25% do total, mentres que a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilitade a fin de mes era do 53,87%.
No que se refire ás medidas económicas tomadas polos fogares galegos para reducir gastos ou aumentar ingresos, a enquisa recolle diminucións en todos os indicadores, que van desde a redución 1,35 puntos daqueles que precisaron cambiar os seus hábitos de compra mercando marcas brancas, ou produtos de oferta -o 11,51% dos fogares galegos- ata a diminución de 0,1 puntos dos fogares nos que algún membro tivo que poñerse a traballar ou aumentar a xornada de traballo (o 0,71%).